CRTVG

Buscar

Despedimos o actor e dramaturgo Gustavo Pernas

Publicado o 31/10/2018 16:57

Hoxe despedimos o dramaturgo, autor, actor e profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña, Gustavo Pernas. Hai 33 anos creou, xunto á súa compañeira, Anxela Abalo, a compañía Áncora Producións. As súas obras, dun profundo sentido social e humano, deron voz ás persoas máis vulnerables da sociedade. Desde a ironía e o humor, ás veces próximo ao absurdo pero, dunha fonda humanidade e lucidez.

 


Noticias web

31/10/2018