CRTVG

Buscar

Despedida a Chicho Ibáñez Serrador, un dos pais da televisión en España

Publicado o 08/06/2019 22:47

83 anos, marido e pai de dous fillos, que, din, tiveron o pai máis xeneroso e familiar do mundo. Para comprender a súa importancia no cine e na televisión española tiveron que chegar a adultos.

Fillo de Chicho Ibáñez Serrador: "O mestre de todos. Eu son fillo de Chicho pero todos somos fillos de Chicho. E lembralo como o que é o que foi, o creador da Televisión en España".

Por iso no tanatorio da M-30 de Madrid moitas caras da industria da televisión. Contaron como chegou a director de programas de TVE, cargo que deixou por aburrirse nos despachos. Porque Chicho Ibáñez Serrador quería crear formatos, familiares como o 123 e do xénero fantástico e de terror que adoraba como as "Historias para no dormir".

Silvia Abascal, actriz, Ramón García, presentador de televisión, ou Nuria Roca, tamén presentadora de televisión, lembran emocionados a figura do seu maestro Chicho Ibáñez Serrador. 

Cunha mala saúde de ferro desde neno chegou á vellez. Adoraba tanto Granada que deixou dito que alí quería durmir o último sono, nun nicho a carón do da súa admirada, idolatrada nai, a actriz Pepita Serrador. Cumpríndolle o desexo mañá será soterrado no cemiterio granadino de San Xosé.
 

Noticias web

08/06/2019