CRTVG

Buscar

Desmontan a reixa da catedral de Santiago para a restauración da escalinata

Publicado o 29/01/2020 15:19

A fachada principal da catedral de Santiago volve ter andamios. Esta vez son para desmontar a reixa da escalinata renacentista, porque en breve van comezar as obras para a súa restauración.

Vai ser unha actuación integral sobre todos os elementos que forman o conxunto, tanto chanzos como balaústre e tamén as esculturas.

O proxecto que ten un prazo de execución de 16 meses, inclúe tamén a cripta románica, que vai recuperar unha escaleira que quedara cegada no século XVII.

Noticias web

29/01/2020