Desmantelan unha plantación de marihuana en Guadalaxara
Publicado o 21/09/2019 14:55
Un dos catro detidos deuse á fuga e foi reducido polo copiloto do helicoptero da Garda Civil que participaba no operativo de servizo
Persecución de película na provincia de Guadalaxara. Aconteceu na ribeira do río Sorbe ao seu paso polo Parque Natural da Serra Norte, nun terreo escarpado e de difícil acceso. Alí a Garda Civil desmantelou unha plantación de marihuana. Un dos detidos deuse á fuga e foi reducido polo copiloto do helicoptero da Garda Civil que participaba no operativo de servizo. En total, foron detidas 4 persoas. Os axentes incautaron 4.600 plantas de marihuana.
Máis sobre Sucesos
04/03/2021 20:31
04/03/2021 17:30
04/03/2021 17:19