CRTVG

Buscar

Desmantelan a maior plantación de droga en Aragón

Publicado o 17/11/2019 12:17
Desmantelan a maior plantación de droga en Aragón

Axentes da Policía Nacional desarticularon un grupo de orixe albanesa dedicado ao cultivo da marihuana nunha operación que permitiu desmantelar a maior plantación de cánnabis localizada ata hoxe en Aragón. Estaba nunha zona boscosa de acceso difícil, nos piñeirais de Agüero, Huesca, e en Murillo de Gállego, Zaragoza.

Os implicados chegaron a cortar grandes superficies de piñeirais para cultivar a marihuana e alteraron barrancos para almacenar auga que logo conducían ata as plantacións. Seis persoas foron detidas e os policías incautáronse de 16.000 plantas, cun peso total de 3 toneladas e media.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/11/2019