CRTVG

Buscar

Desmantelada unha gran rede de tráfico de inmigrantes de Marrocos ás Canarias con 28 detidos

Publicado o 04/07/2020 17:34


Axentes da Policía Nacional detiveron 28 persoas e desmantelaron unha complexa rede de tráfico de inmigrantes de Marrocos ás illas Canarias e á península. Considérana responsable do traslado de polo menos vinte embarcacións precarias coas que lograron un beneficio de máis de 350.000 euros.

A operación "Vulcano", na que participaron 150 axentes, realizouse este sábado en colaboración coa Europol en Lanzarote, Fuerteventura, Gran Canaria, Tenerife, El Hierro, Eivisa, Castelló e Calatayud.

 

Noticias web

04/07/2020