CRTVG

Buscar

Desmantelada unha banda especializada en roubos en urbanizacións de luxo

Publicado o 11/07/2020 18:48
Desmantelada unha banda especializada en roubos en urbanizacións de luxo

Os Mossos d'Esquadra lograron desmantelar unha banda criminal que se dedicaba a roubar en casas de luxo en Cataluña. A policía catalá tiña constancia desta actividade delituosa desde 2019, cando se detectou o primeiro dos roubos en Barcelona.

Hai sete detidos da organización criminal especializada en accións rápidas e limpas que entran en urbanizacións do Maresme e o do Xironés.