CRTVG

Buscar

Desembarcan no porto de Alxeciras 124 persoas rescatadas no estreito de Xibraltar, dúas graves

Publicado o 17/01/2019 08:12

Salvamento Marítimo desembarcou no porto de Alxeciras 124 persoas rescatadas no estreito de Xibraltar. Ían a bordo de dúas pequenas embarcacións. Unha das barcas foi auxiliada nas inmediacións de Barbate, con 40 homes e 5 mulleres a bordo. A outra localizárona no estreito con 78 homes e unha muller. Dous deles estaban graves, con hipotermia severa, polo que foron trasladados en helicóptero ao hospital de Xerez.

Noticias web

17/01/2019