CRTVG

Buscar

Desde este mércores pódense pedir as axudas para mercar os libros de texto

Publicado o 19/05/2020 15:22

As familias poden pedir dende mañá as axudas para mercar libros de texto e material escolar para o curso que vén.

Queda o prazo aberto durante un mes, ata o 19 de xuño. E se queren acceder ao fondo solidario de libros que ten cada centro, tamén poden solicitalo dende mañá.

A Xunta destaca que destinaron case 20 millóns de euros a estas axudas, é un 63% máis que este curso, para reforzar o apoio ás familias ante a crise da COVID-19. E tamén pola situación sanitaria, recomendan que as solicitudes se fagan preferentemente por vía telemática.

Noticias web

19/05/2020