CRTVG

Buscar

Desde Ferrol, Gonzalo Caballero apoia o candidato á alcaldía co apoio da ministra de Traballo

Publicado o 22/05/2019 21:30

O secretario xeral do PSdeG está esta tarde en Ferrol para apoiar o candidato á alcaldía, Ángel Mato. Os socialistas galegos contaron hoxe co apoio da ministra de Traballo en funcións.

Gonzalo Caballero arroupou esta tarde o candidato socialista á reeleción do concello de Ames. Dixo que precisa dunha ampla maioría para que o concello siga progresando.

José Miñones dixo que para que Ames progrese unha das medidas sería loitar polo asociacionismo do comercio.

Un acto en que estiveron acompañados da ministra de Traballo. Magdalena Valerio dixo que hai que apostar pola formación para loitar contra o desemprego.

Ante de rematar este día en Ferrol, os socialistas fixeron parada nas Pontes. Alí arrouparon o candidato socialista á alcaldía, Valentín González Formoso.








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/05/2019