CRTVG

Buscar

Descobren un cadro renacentista na cociña dunha muller en Francia

Publicado o 24/09/2019 21:30

Impresionante descubrimento na cociña dunha vivenda de Compiegne, preto de París. Unha muller atendía os fogóns cun cadro colgado na mesma estancia que data do século XIII.

É O Cristo burlado, obra do artista italiano Cenni di Pepo Cimabue, que desenvolveu o seu traballo nos anos previos ao Renacemento. O cadro ten un valor incalculable, pero os expertos sitúan o seu prezo entre os 6 millóns e os 9 millóns de euros. A muller di que non sabía o que valía nin como chegou á súa cociña.








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2019