CRTVG

Buscar

Descuberta a obra máis antiga do mundo

Publicado o 12/12/2019 08:33

Descuberta nunha cova dun acantilado de Indonesia a obra máis antiga do mundo. Trátase dunha escena de caza que os arqueólogos levan dous anos estudando.

O lenzo de rocha, de máis de catro metros de longo, representa oito figuras moi pequenas, aparentemente humanas, cazando xabarís e bóvidos ananos. Os expertos conclúen que se pintaron hai, cando menos, 43.900 anos. Sería a primeira obra coñecida en que se narra unha historia.

Noticias web

12/12/2019