CRTVG

Buscar

Desconvocada a folga na Atención Primaria

Publicado o 08/04/2019 21:45

Quedou desconvocada a folga na Atención Primaria. O paro previsto para mañá, pasadomañá e o xoves anulouse tras o acordo alcanzado entre o comité de folga e o Sergas. As partes pactaron a creación dun Consello Ténico de Atención Primaria que abordará as reivindicacións organizativas. Para as demandas de carácter laboral, abrirase unha mesa sectorial.

O paro na Atención Primaria desconvouse tras catro horas de reunión entre o comite de folga e o Sergas. As partes acordan que as reivindicacións laborais se abordarán nunha mesa sectorial. Para as demandas de carácter asistencial e organizativo páctase a creación do Consello Técnico de Atención Primaria. Este órgano colexiado estará formado por unhas corenta persoas en representación de sindicatos, sociedades científicas, profesionais e colexios médicos. O comité de folga di que todas as súas reinvindicacións foron atendidas e destaca o compromiso do Sergas de dotar de orzamento todas as medias que se estipulen.

Para o Sergas, o acordo dá conta da súa continúa aposta polo diálogo e o consenso.

"O diálogo é fundamental na xestión dos servizos públicos e, especialmente, no sector da sanidade. Só con diálogo podemos adoptar solucións e de forma consensuada podemos mellorar o servizo", di Margarita Prado, directora xeral de Recursos Humanos do Sergas.

O comité de folga e o Sergas tamén se comprometeron a alcanzar "unha solución inmediata" ao conflito existente nos PAC, os puntos de atención continuada.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/04/2019