CRTVG

Buscar

Desconto do 10% para quen cambie un paquete turístico por outro dentro de Galicia

Publicado o 07/07/2020 20:03
Desconto do 10% para quen cambie un paquete turístico por outro dentro de Galicia

As axencias de viaxes farán un desconto dun 10% a aqueles que cambien un paquete turístico de fóra de Galicia por unha viaxe polo interior da nosa comunidade. Iso si, sempre e cando contratase ese paquete despois da declaración do estado de alarma. Así se acordou en dous convenios entre a Xunta, axencias e turoperadores. En total destinarán medio millón de euros para combater os efectos económicos da Covid-19 no sector. Primaranse produtos consolidados como o Outono Gastronómico, experiencias en balnearios e rutas enoturísticas. Tamén as viaxes fóra de tempada.

Noticias web

07/07/2020