CRTVG

Buscar

Desconcerto entre os pescadores deportivos pola prohibción da actividade en instalcións portuarias

Publicado o 30/11/2020 14:12

Era unha das imaxes máis típicas no porto de Malpica e noutros moitos ata hai uns dias. Pero a semana pasada Portos de Galicia decretou a prohibición de pescar, nadar, pasear ou facer deporte nas instalacións da sua competencia. A decisión causou desconcerto e moito descontento entre os milleiros de afeccionados á pesca deportiva que a practican por diferentes motivos.

Aseguran que se adoptou conforme a acusacións infundadas de furtivismo, de que collían máis capturas das permitidas ou de comercializar fraudulentamente con elas. Piden que se sancione a quen o faga pero que non os castiguen a todos polo comportamento irregular duns poucos.

A prohibición ten tamén consecuencias económicas: ao redor da pesca deportiva xérase moito negocio que se está resentindo. 
Portos de Galicia aseguran que están estudando levantar a prohibición. Buscan o encaixe xurídico para que esta actividade non interfira na operatividade nos portos e os intereses do sector pesqueiro.

Noticias web

30/11/2020