CRTVG

Buscar

Descobren droga oculta entre plátanos nun contedor no porto de Marín

Publicado o 15/11/2019 14:33

Comisan no porto de Marín máis de 830 quilos de cocaína. É a suma dos dous alixos incautados, ocultos en senllos contedores.

O último, de 663 kg, ía nun cargamento legal de plátanos procedente de América do Sur. Descubriuse grazas á cooperación internacional entre os axentes da Garda Civil do ECO Galicia, e a Unidade Central Operativa de Madrid, con organismos dedicados á represión do tráfico de cocaína.

Igual que ocorreu co alixo de 170 quilos de cocaína do luns pasado, utilizouse o método do gancho cego. Nestes casos, nin a empresa que transporta o contedor nin os donos da carga legal saben da súa existencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2019