CRTVG

Buscar

Descobre que é positivo un mes despois do contaxio

Publicado o 23/04/2020 09:50

O estudo epidemiolóxico que agora comeza vai permitir detectar pacientes que pasaron a enfermidade sen padecela, é dicir, sen síntomas.

Susana Otero, veciña de Baiona, descubriu que tiña o virus un mes despois de terse contaxiado.

"Máis ou menos sobre o 20 de marzo un compañeiro meu deu positivo. Daquela eu chamei porque me doía a cabeza e tiña catarro. Sobre todo quería sabelo porque teño un fillo que é diabético. Cando chamei dixéranme que se non tiña febre non tiña risco. Unha semana despois, volvín chamar para dicirlles que estaba preocupada. Insistiron en que era imposible. Uns 25 días máis tarde contactei coa miñá médica de cabeceira. Ela mandoume facer a proba e dei positivo. Xa pasara case un mes desde o contaxio".

"Durante ese mes eu mantiven a miña vida de traballo, mantendo precaucións. Tamén convivín coa miña familia con normalidade. A eles tamén lles doía un pouco a cabeza, pero nada máis. Tiveron que pasar o virus todos eles tamén".







 

Noticias web

23/04/2020