CRTVG

Buscar

Descenden as temperaturas, chega a chuvia e aviso de temporal no mar

Publicado o 03/03/2019 22:14

Xa notamos o cambio no tempo. Ese "verán" co que despedimos febreiro xa é historia. Chegou a chuvia e o vento. Sopra con moita forza, ata 137 quilómetros por hora na Pontenova, e con refachos moi fortes en todo o país. En Santiago hoxe era imposible manter o paraugas aberto.

As chuvieiras son intermitentes, con máis presenza nas provincias atlánticas. As temperaturas descenden. A situación está complicada tamén no mar. A partir da medianoite toda a costa galega vai estar en aviso laranxa, polo que podemos falar de temporal marítimo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/03/2019