CRTVG

Buscar

Descenden as denuncias por violencia machista en Galicia

Publicado o 18/12/2019 15:32

Entre xullo e setembro os xulgados rexistraron 54.122 denuncias por violencia de xénero en España. 1.680 en Galicia. Son menos que no mesmo período do ano pasado. Unha rebaixa na estatística galega da que advirten nos órganos xudicias galegos. 

José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia: "Unha diminución do seis por cento na taxa de denuncias non ten por que reflectir a realidade da diminución da violencia de xénero".

O Observatorio de Violencia de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial destaca que o setenta por cento das denuncias foron presentadas pola vítima e que neste trimestre medraron as ordes de protección en toda España, tamén os menores implicados en delitos relacionados coa violencia contra as mulleres. Un problema que preocupa o Goberno galego.

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta: "Cada vez en idades máis temperás se producen situacións que poderían acabar derivando en comportamentos machistas e en último caso en situacións de violencia machista".

Hoxe reuniu o Observatorio Galego da Violencia de Xénero. Alí presentou unha guía de prevención para traballar no ámbito escolar a partir do próximo curso.

Noticias web

18/12/2019