CRTVG

Buscar

Descende o número de niños de 'velutinas' en Galicia por primeira vez en cinco anos

Publicado o 26/03/2020 17:35

Dende a súa aparición en 2014, a 'vespa velutina' espallouse por Galicia de xeito exponencial. O ano pasado conseguiuse por vez primeira reducir o número de niños do insecto pasando de 26.000 a 22.000, é decir un 16% menos, segundo as cifras da Xunta de Galicia. A colocación de trampas é o método máis eficaz para combater a 'velutina', e máis nesta época de floración das plantas. Por iso, no concello do Valadouro piden aos veciños que aproveiten o confinamento para colocar o meirande número posible de trampas en hortas e xardíns das casas e especialmente nas camelias. Para iso difundiron un vídeo explicativo que fan chegar a través dos teléfonos.

"Poden ser camelias ou outras especies que estean a florecer. O importante é capturar o meirande número de raíñas para que haxa menos niños no verán."

As trampas son sinxelas de construír e só se precisa unha botella de plástico e algo de líquido doce, preferentemente zumes ou cervexa que atraen as 'velutinas'. Nas botellas fanse dous buratos laterais de só oito milímetros de grosor para que non poidan entrar especies de insectos autóctonos como o abázcaro. Tamén se poden pintar con cores rechamantes para facelas máis visibles.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2020