CRTVG

Buscar

Descende o consumo televisivo: 9 minutos menos vendo o televisor

Publicado o 01/08/2019 21:42

Este verán, os españois estiveron menos tempo diante do televisor. O pasado mes de xullo o consumo televisivo descendeu en 9 minutos respecto ao mesmo mes do ano anterior, un tempo que cadaquén empregou no que máis lle aquelou.

9 minutos. Ese foi o tempo que os españois abandonaron á televisión durante o mes de xullo con respecto ao ano pasado.

A maioría non foi tan drástica, pero si que é verdade que cadaquén ten as súas preferencias. A mellor ficción, as últimas noticias ou seica a algúns lle tira máis o clásico, pero o clásico de verdade.

Iso foi o que probablemente se preguntaron aqueles que deixaron por 9 minutos o mando para dedicar o seu tempo ao que a súa imaxinación lle prestou.

Tanto é que moitos xa teñen claras as peticións para intentar recuncar a ser fieis á televisión.









 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/08/2019