CRTVG

Buscar

Descarrila un tren de viaxeiros en Escocia

Publicado o 12/08/2020 21:29

Tres mortos e seis feridos é o balance provisional do descarrilamento dun tren na rexión escocesa de Aberdeen.

Entre os falecidos estaría o propio maquinista do convoi. O lugar do accidente está bastante afastado e é de difícil acceso, o que complica os labores de rescate, segundo as autoridades de Escocia.

Ao parecer, no intre do sinistro o tren Intercity apenas contaba vinte viaxeiros.

Noticias web

12/08/2020