CRTVG

Buscar

Desartellan unha rede dedicada ao tráfico de drogas na Mariña

Publicado o 01/03/2021 13:46
Desartellan unha rede dedicada ao tráfico de drogas na Mariña

A Garda Civil desartellou unha rede dedicada ao tráfico de drogas na Mariña luguesa. Hai seis persoas detidas nos concellos de Foz e Barreiros e os axentes incautáronse de seis quilos de haxix, cen gramos de cocaína e 40.000 euros en efectivo.

A operación desenvolveuse a consecuencia dunha investigación en locais de citas da zona e despois de comprobar que os detidos saltaban reiteradamente os confinamentos perimetrais. Ao parecer, a rede mercaba a droga no País Vasco e transportábaa en coche ata Galicia. 

Tamén tiñan un sistema de vixilancia para evitar os controis policiais. Os estupefacientes incautados ían moi escondidos nun dos vehículos da rede, polo que foi preciso un rexistro a fondo. Agora estase á espera dos resultados de novos rexistros.

Noticias web

01/03/2021