CRTVG

Buscar

Desaloxan unha ducia de 'okupas' dun edificio da Coruña

Publicado o 26/10/2020 13:58

Ata dez vehículos policiais despregábanse á primeira hora desta mañá no barrio coruñés da Falperra. Unha vintena de axentes da Unidade de Prevención e Reacción do 091 accedían en medio dunha gran expectación ao número 19 da rúa Doutor Fleming, o inmoble que dende o pasado mes de xaneiro está a ser ocupado de maneira ilegal.

De maneira voluntaria, de un en un, e sen facer uso da forza, así foron abandonando o inmoble ata 13 persoas.

O representante legal da empresa propietaria do inmoble agarda tamén que a xustiza actúe o antes posible sobre os ocupantes ilegais que habitan noutro edificio da zona.

Os veciños din que levaban tempo agardando este momento. Agora só agardan que o barrio volva canto antes á normalidade.

Noticias web

26/10/2020