CRTVG

Buscar

Desaloxan seis pubs e sancionan 27 clientes por non levar máscara en Baiona

Publicado o 12/07/2020 14:51

Os traballadores do servizo de limpeza de Baiona limpan os restos do botellón da madrugada de onte. Estamos no parque da Palma. A actitude irresponsable dos máis novos, uns pegados a outros e sen máscaras, obriga o Concello a impedirlles que se volvan xuntar aquí.

Esta foto é de hai quince días, unha imaxe semellante á da madrugada deste venres ao sábado que obrigou o Concello a desaloxar seis locais e multar 27 persoas por non usar máscara na rúa. Non queren demonizar os pubs e os empresarios porque saben que a vila tamén vive do ocio nocturno.

Moitos veciños culpan, sen dubidalo, os máis novos.

Un problema que preocupa noutras vilas. Este vídeo pertence á noite de Sanxenxo hai algo máis dunha semana.

Noticias web

12/07/2020