CRTVG

Buscar

Desaloxan o hospital de Conxo por un incendio

Publicado o 28/09/2020 14:14

Centos de persoas foron desaloxadas en menos de cinco minutos e todo quedou nun susto. Un incendio que comezou ao parecer nun almacén de roupa situado no soto deste hospital santiagués de Conxo provocou unha gran fumareda na zona de consultas externas. 

Non hai que lamentar danos persoais. Os afectados din que, logo da alarma inicial, só sufriron lixeiras molestias polo fume.

Despois de controlar o lume, os bombeiros de Santiago procederon a ventilar as zonas afectadas. Todo apunta a que nas vindeiras horas se poderá retomar a actividade na zona de consultas.

Noticias web

28/09/2020