CRTVG

Buscar

Desaloxan unha muller e a súa filla no Porriño polo monóxido de carbono dunha caldeira

Publicado o 17/01/2021 17:19

Unha muller e a súa filla de nove anos tiveron que ser atendidas no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo pola inhalación de monóxido de carbono no Porriño esta madrugada.

A causa foi a instalación incorrecta dunha caldeira de gas natural nova que se acababa de colocar no inmoble. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros do Baixo Miño, que cortaron a subministración e ventilaron a casa, situada no centro da vila. Ata a vivenda tamén se achegaron técnicos da empresa de gas.


 

Noticias web

17/01/2021