CRTVG

Buscar

Desaloxados os veciños dun edificio en Nigrán tras arder un taller de motos

Publicado o 28/09/2020 21:31

Un incendio nun taller de motos obrigou a desaloxar esta tarde un edificio en Nigrán. Os veciños tiveron que abandonar momentaneamente o inmoble, situado na Avenida de Val Miñor, mentres dudaron os traballos de extinción. Dúas persoas que se atopaban no interior do taller tiveron que ser atendidas. Unha delas foi o dono do negocio, que foi trasladado a un centro sanitario con queimaduras nas mans ao tratar de apagar o lume.
 

Noticias web

28/09/2020