CRTVG

Buscar

Desaloxada en Lugo a parella que ocupaba un inmoble da cidade

Publicado o 20/09/2020 09:37

Desaloxan as vivendas ocupadas na rúa Yáñez Rebolo de Lugo, que desde principios de ano usaba para vivir unha familia que non era a propietaria. Unha empresa especializada en desaloxamentos conseguiu que a deixaran a vivenda esta tarde tras unha longa negociación.

Tralo acordo, puidemos acompañar ao propietario ata o interior do inmoble e comprobar os importantes danos que sufriu o piso. Nos últimos meses os veciños denunciaran que o piso era un lugar no que se vendía e consumía droga. Agora que puido acceder ao inmoble, o dono puido confirmar as súas sospeitas. Terá que facer unha reforma a fondo para volver habitala.

Así é como quedou esta vivenda da rúa Yáñez Rebolo de Lugo, que desde principios de ano usaba para vivir unha familia que non era a propietaria. Unha empresa lucense de desaloxamentos conseguiu que a deixaran logo dunha longa negociación.

O terceiro piso do inmoble conseguiran desaloxalo a xornada anterior, pero o acordo cos do segundo foi imposible.

Aquí quedara unha parella, que hai unhas horas que se foi.

Coa autorización do propietario, a empresa de desaloxamentos puxo un garda xurado, para evitar que entraran persoas alleas á casa. Eso provocou varios enfrontamentos con familiares dos ocupantes, que tentaron acceder e agrediron aos mediadores.

O piso, segundo veciños do lugar, usábase para consumir e vender droga. A convivencia cos ocupantes era difícil.

O propietario respira agora aliviado, a pesar de que a vivenda necesita de moita reparación para volver habitala.

Coa colocación dunha cadea e unha alarma péchase o ata de agora derradeiro capítulo dunha situación que se iniciou hai dous días cando o propietario deu a chave a unha empresa especializada en desaloxamentos.

 

Noticias web

20/09/2020