CRTVG

Buscar

Desaconsellan que o servizo de partos continúe por criterios técnicos

Publicado o 30/11/2019 22:10

O ano pasado houbo 89 nacementos no Hospital de Verín. O Sergas calcula que este ano non chegarán a 60. Segundo os profesionais sanitarios cun número tan baixo de partos manter o servizo non é aconsellable. Falan de risco tanto para nai como para o recén nacido.

Falan de criterios técnicos ao desaconsellar que o servizo de partos en Verín continúe. Insisten os sanitarios en que para que o persoal poida atender correctamente un parto deberían atender un volume mínimo deles ao ano

Destacan tamén que o 80 por cento das mulleres en idade fértil na provincia están a menos de 43 minutos do Hospital de Ourense. O pasado mércores nacía o último neno neste hospital de Verín. Por complicacións posteriores tivo que ser trasladado ao Hopsital de Ourense onde ingresou na UCI pediátrica.

 

Noticias web

30/11/2019