CRTVG

Buscar

Desabastecemento de grelos en conserva nos supermercados

Publicado o 14/10/2020 20:15

Atopar grelos en conserva no noso supermercado é cada vez máis complicado. De feito, algúns están totalmente desabastecidos, xa que algunhas conserveiras non logran a materia prima necesaria por diversos motivos.

Nesta empresa de Vilalba contan que cando comezaron hai 20 anos tiñan 115 provedores. Hoxe, apenas 20, polo que se viron obrigados a buscar alternativas, e optaron por cultivar os seus propios grelos para garantir sempre un stock.

É unha das alternativas para que as empresas pertencentes a Indicación protexida Grelos de Galicia poidan continuar coa produción, xa que se lles esixe traballar exclusivamente con grelo galego. Mentres, outras optan por traer grelos de Portugal ou Andalucía.

Noticias web

14/10/2020