CRTVG

Buscar

Derrúbase sen feridos a parte superior do depósito de auga de Poio

Publicado o 16/05/2019 14:42

A deterioración puido ser a causante do derrubamento do teito do depósito municipal de augas de Poio, situado no barrio de Boavista e construído hai máis de 40 anos. Ocorreu, segundo contan, á primeira hora da tarde, e pouco despois era perimetrado pola Policía Local para impedir achegarse a el.

Afortunadamente non houbo feridos, pero a súa proximidade a un parque infantil e a cantidade de nenos que viven na zona fixo que os veciños se alarmasen tras o suceso.

Dende o Concello, propietario do depósito, aseguran que os veciños non estiveron sen servizo en ningún momento e que se procederá nos vindeiros días a reforzar as paredes exteriores para apoiar o novo forxado, ademais de propoñer o peche do recinto do depósito mediante unha estrutura metálica e restrinxir o acceso unicamente ao persoal municipal.

Noticias web

16/05/2019