CRTVG

Buscar

Derruban tres choupanas do poboado da Ponte da Pasaxe na Coruña

Publicado o 19/02/2020 14:26

Na Coruña, a Policía Local entrou á primeira hora desta mañá no poboado chabolista da Ponte da Pasaxe para demoler tres infravivendas.

Segundo fontes municipais, dúas delas xa estaban deshabitadas desde hai tempo. Nas outras dúas vivían familias, sete adultos e tres nenos en total, que xa foron realoxadas en pisos.

Tras a demolición, as máquinas seguían no asentamento colocando bloques de formigón para evitar que os chabolistas volvan construír un novo fogar.

Ao parecer, o desaloxo non foi pacífico e houbo incidentes entre os axentes e os chabolistas.

Desde o Goberno local explican que no asentamento quedan 17 familias que tamén serán realoxadas nos próximos meses.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/02/2020