CRTVG

Buscar

Derrota do Baxi Ferrol na volta a Esteiro

Publicado o 12/10/2019 21:33

O novo parqué da Malata non aguanta o peso das vellas canastras. Mentres chegan as novas, ao Baxi Ferrol non lle queda outra que volver a xogar no polideportivo de Esteiro, onde non caben tódolos socios do equipo ferrolán. Sen dúbida, un contratempo.

Beni Pérez, presidente da Peña Patriple. "Tiñamos ganas de xogar na Malata, pero ao final aqui hai xente".

A afección do cadro ferrolán espera que na segunda xornada na casa xa poidan xogar na Malata coas novas canastras.

Beni Pérez, presidente da Peña Patriple. "Temos o compormiso de que para a segunda xornada estarán as canastras da Malata".

Máis de 900 socios para xogar nun pavillón con capacidade para 750 persoas...se van todos non han caber.

Beni Pérez, presidente da Peña Patriple. "Fixemos un chamamento para que non viñera todo o mundo porque ía haber alboroto"

O partido entre o Baxi Ferrol e o Idiazábal foi a prórroga e acabou caendo do lado das viistantes por catro puntos.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2019