CRTVG

Buscar

Deportivo-Compostela, este domingo na G2

Publicado o 22/01/2021 21:37

Rubén de la Barrera debutou cun empate. Se vemos un pouco cara atrás, o Deportivo suma catro xornadas sen gañar, logrou só 2 puntos dos últimos 12 posibles. E cada vez ten menos marxe de erro. O adestrador non fala de futuro. Só, do presente.

Rubén de la Barrera, adestrador do R. C. Deportivo

O Compostela xogou este mércores. Perdeu pero atopa un recuncho de positivismo.

Yago Iglesias, adestrador do Compostela

Rubén de la Barrera tenta fortalecer estes días o aspecto mental do equipo. Quere un Deportivo desagarrotado.

Rubén de la Barrera, adestrador do R. C. Deportivo

Non parar nun derbi ao que o Compostela chega coa baixa de Primo.

Yago Iglesias, adestrador do Compostela

Emotivo... e lembrámolo estes días porque tamén un 24 de xaneiro, pero de hai 25 anos, Riazor acolleu un derbi Deportivo-Compostela, época aquela dos dous clubs na Primeira e coas bancadas ateigadas.

Noticias web

22/01/2021