CRTVG

Buscar

Denuncian estragos no mobiliario público da Pobra do Caramiñal

Publicado o 18/11/2019 14:36

Xardineiras de ferro pateadas, estragos en bancos, papeleiras e mobiliario público, tamén nalgunha vivenda particular e nos contadores da luz. Noite de actos vandálicos na madrugada, en pleno centro urbano da Pobra do Caramiñal.

Unha ruta de feitos incívicos e violentos dende locais nocturnos ata as prazas e xardíns. Incuso atacaron a montaxe do Belén e desprazaron unha pedra de grandes dimensións na explanada portuaria da vila.

A Policía Local, que descarta que os danos se cometesen por un grupo, sinala posibles individuos de conduta descontralada e non cre que deba haber alarma veciñal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2019