CRTVG

Buscar

Denunciados os asistentes a unha festa en Alacante que duraba dous días

Publicado o 14/10/2020 15:48

As imaxes de festas en España falan por si soas. O último exemplo recollémolo na provincia de Alacante onde a Garda Civil desaloxou unha festa ilegal no Campello.

Os axentes identificaron este domingo 89 persoas e denunciáronas por incumpriren a normativa de prevención da covid-19.

O evento, programado para dous días, anunciábase nas redes sociais.

As entradas custaban entre 30 e 50 euros. Ao parecer, o dono do terreo xa foi denunciado noutras ocasións por feitos similares.

Noticias web

14/10/2020