CRTVG

Buscar

Denis descarta ao Valencia e apunta ao Celta

Publicado o 28/06/2019 16:37
Denis descarta ao Valencia e apunta ao Celta

Aínda que o Valencia xogará a Champions e Marcelino é o seu adestrador preferido, Denis Suárez está máis preto do Celta. Denis estaría disposto a regresar a Balaídos e converterse nunha peza básica no futuro do Celta. Quince millóns de euros sería o prezo do traspaso. O que o Celta pagaría ao Barcelona. A ficha de Denis? Probablemente o xogador faría un esforzo e rebaixaría o salario que ten nestes momentos. En Valencia dan por perdido o futbolista malia o interese de Marcelino.

Noticias web

28/06/2019