CRTVG

Buscar

Un madrileño deixa todo para montar un complexo de agroturismo en Castroverde

Publicado o 15/07/2020 21:39

 Con 98 anos e unha trenza que admiraría a mesmísima Pocahontas, a nai de Andrés é a persoa que, hai dous anos, deciciu acompañar o seu fillo na aventura de abandonar a súa vida segura e sensata de Madrid e apostar por virse a unha pequena aldea de Castroverde para obedecer o que lle reinaba ao seu corazón.

Traballou durante quince anos no zoo de Madrid e alí foi onde lle cederon aos proxenitores destas dúas gamas brancas que ten no seu predio. Canda elas conviven ovellas ananas, pavos reais, gansos ou cabras xirxentas.

Andrés espera recibir en breve a visita de Medio Ambiente para poder facer realidade o seu soño de crear aquí un centro de agroturismo. Non quere facerse rico. só vivir en paz.
Os animais, Andrés e a súa nai son felices no rural

Noticias web

15/07/2020