Deixan inservibles dispensadores de hidroalcol en Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces decidiu colocar dispensadores de xel hidroalcólico en distintos puntos da vila: lugares estratéxicos como o centro de saúde ou parques infantís. Só o que está na porta do centro de saúde continúa en bo estado de uso. Os outros non superaron os quince días.
A xente non o entende: "Así non se pode chegar a ningunha parte, se o que se constrúe o destrúen, non se pode chegar a ningún lado". "Non me parece correcto, iso é para o ben de todos."
Á parte do que pode custar reparar estes danos, botan en falta unha maior preocupación polo que é público, e tamén máis vixilancia: "Iso é cousa do Concello de que vixíe un pouco, pero non se fai nada. E coma iso, moitas cousas".
Tanto ten que estivesen colocados na zona urbana coma no rural. Este, situado na área recreativa das illas de Gres, unha zona moi visitada a carón do río Ulla, correu a mesma sorte: "Xa unha vez que os colocan en sitios públicos e de interese do Concello, pois deberían coidarse".
Desde o Concello atribúen estes actos vandálicos a rapazadas, pero non por iso queren quitarlle importancia a esta falta de civismo.