CRTVG

Buscar

Liberdade sen fianza para o home que se atrincheirara en Vilagarcía

Publicado o 19/05/2020 18:31

Un xulgado de Vilagarcía decretou liberdade provisoria e sen fianza para o home de 44 anos que se atrincheirara dende a tarde do pasado domingo na súa de Outeiro de Cea.

36 horas estivo pechado na súa casa de Outeiro de Cea para impedir que o detivese a policía. Estaba borracho mentres coidaba do fillo e a súa ex-parella veu buscar o rapaz. Despois, chamou a policía. Pero el non quería que o arrestasen.

-"O mozo emborrachouse e escapoulle o rapaz do bar onde estaba e chamamos a nai para que viñera buscalo que el non estaba en condicións de buscalo. Veu a nai. Levou o rapaz, o meu fillo subiu para a casa e non saíu máis", di Victoriano Paulos, seu pai. 

-Por que veu a policia entón?

-Porque os chamou a nai e mais eu. Eu e mais ela, para que se calmase. Foi para riba e non saíu máis á rúa. Foi o único que pasou. Non pasou nada de que tiña escopeta, nin pistola, nin que estaba a nai no corredor. Nin nada. Esas cousas molestan calquera familia".

Víctor, de 44 anos, está investigado agora por un delito de malos tratos, ameazas e resistencia á autoridade. O xuíz suspendeulle o réxime de visitas ao seu fillo. E ademais non poderá achegarse a menos de 50 metros do cativo nin dos seus pais.