CRTVG

Buscar

Un incendio na Gudiña calcina 440 hectáreas e obriga a mobilizar os militares

Publicado o 14/09/2019 09:45

A superficie afectada polo incendio da Gudiña ascende a preto de 440 hectáreas. Así o informa Medio Rural na súa conta de Twitter. Solicitouse a actuación da UME neste incendio. O lume comezou en Portugal e pasou a Galicia arredor das 7 da tarde de onte. Desta hora continúa activo e no lugar están a traballar os equipos terrestres apoiados por efectivos da Unidade Militar de Emerxencias. 

Decretouse a situación nivel 2 como medida preventiva pola proximidade do lume ao núcleo do Seixo, aínda que xa de madrugada foi desactivada e os poucos veciños que foron desaloxados por precaución xa regresaron ás súas casas. O conselleiro de Medio Rural acudiu ao centro de control do operativo de extinción.

Outros incendios

Medio Rural informa doutro incendio, neste caso en Quiroga, Lugo. Segundo as primeiras estimacións xa supera as 20 hectáreas. Tamén se atopa activo un incendio no municipio lugués de Palas de Rei, na parroquia de Cabana. Polo de agora afecta 20 hectáreas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí