CRTVG

Buscar

Declárase un incendio nos estaleiros dos Praceres, en Pontevedra

Publicado o 09/11/2019 03:29

• O lume obriga a cortar a autovía de Marín

• Non houbo que lamentar danos persoais

 

Declárase un incendio nos estaleiros dos Praceres, en Pontevedra

Efectivos de emerxencias de toda a contorna traballan para intentar sufocar un incendio que se rexistrou esta noite nos estaleiros de Praceres en Pontevedra. Trátase dun lume aparatoso, que se puido ver dende a outra beira da ría, e escoitáronse varias explosións, pola deflagración de depósitos de disolvente. A autovía de Marín cortouse por precaución e o tráfico desviouse pola estrada PO-546.

O lume afectou a cando menos dúas embarcacións. Non houbo que lamentar danos persoais. No estaleiro só estaba presente o vixilante, que non resultou afectado.

O 112 Galicia activou o nivel 1 do Plan Territorial de Emerxencias, polo que se incorporaron tamén ao operativo un buque de salvamento que apoia os labores de extinción dende o mar, e unha nodriza de gran capacidade da Axega para abastecer os medios de extinción de terra.

Segundo informou a concelleira de Seguridade Cidadá de Pontevedra, Eva Vilaverde, o lume estaba xa controlado pero tardará horas en sufocarse por completo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí