CRTVG

Buscar

Declaran os investigados por atentado contra a autoridade durante as protestas de Alcoa en Madrid

Publicado o 24/09/2019 15:38

Comezan a declarar os investigados por un delito de atentado á autoridade durante unha mobilización dos traballadores de Alcoa en Madrid.

O presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, foi o primeiro en declarar esta mañá nos xulgados da Coruña. Fíxoo arroupado por traballadores, representantes sindicais e deputados de Unidas Podemos tamén investigados. Confía en que a causa quedará finalmente arquivada e di que seguirán defendendo os postos de traballo na rúa.

Juan Carlos López Corbacho, presidente do comité de empresa de Alcoa-A Coruña: "Esperar que isto se arquive porque non ten percorrido ningún. Os traballadores o que fixeron foi loitar polos seus postos de traballo e, se con isto algúen pensa que nos vai botar para atrás, que vaian aparcando esa idea porque imos seguir o tempo que faga falta".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2019