CRTVG

Buscar

O xurado declara culpable o acusado por asasinato no crime de Ordes

Publicado o 02/10/2020 15:16

Xa hai veredicto polo caso do crime de Ordes. O xurado declara o acusado culpable de asasinar con aleivosía un home tras cravarlle unha arma branca no pescozo no transcurso dunha lea.

Foi por maioría, 7 votos a favor e 2 en contra. A Fiscalía e as dúas acusacións solicitan 20 anos de cárcere, unha pena que agora decidirá o titular da sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña.

Noticias web

02/10/2020