CRTVG

Buscar

Declaran Ben de Interese Cultural o parque do Pasatempo de Betanzos

Publicado o 10/06/2020 14:50

Practicamente en ruínas desde hai anos, a declararción Ben de Interese Cultural do parque do Pasatempo bota un pouco de luz sobre a súa restauración e futura apertura ao público.

De estética modernista e romántica, con numerosos elementos relativos á cultura universal, coma un lagar en homenaxe a Arxentina ou o mural das horas do mundo, foi concibido como un parque enciclopédico polo seu mecenas, Juan García Naveira. Un espazo singular para os betanceiros, que puideron gozar del en todo o seu esplendor.

Agardan que a declaración de Ben de Interese Cultural axude a promover a restauración dos seus xardíns, fontes, estanques ou escalinatas, e a recupearar tamén a súa función didáctica.

Pasará tempo ata poder volver gozar del, se ben a declararción BIC é unha chave para as súas cancelas hoxe pechadas.

 

Noticias web

10/06/2020