Declaran as testemuñas no xuízo por agresión sexual contra os tres ex-xogadores da Arandina
Tras as declaracións dos acusados e da denunciante nas primeiras sesións, o xuízo do caso Arandina vai centrarse nos próximos tres días nas testemuñas propostas por acusacións e defensa.
Hoxe estaban citadas na Audiencia Provincial de Burgos 15 persoas, entre elas un tío e unha prima da menor, aos que en novembro de 2017 lles contou que fora agredida sexualmente no piso que compartían os tres xogadores da Arandina. O tío púxose en contacto coa Fundación Anar, que lle recomendou que denunciaran o caso.
O tribunal tamén escoitou a versión de varios compañeiros da rapaza, que no momento dos feitos tiña 15 anos. Tras as testemuños a vista entrará na fase pericial, en que se analizarán os vídeos, audios e capturas de redes sociais dos acusados. A fiscalía pide para eles entre 39 e 40 anos de cárcere por agresión sexual a unha menor. A familia da vítima eleva a pena a 44 anos.