CRTVG

Buscar

Dous incendios forestais afectaron Castromil e Madarnás, en Ourense

Publicado o 26/02/2019 21:16

Dous incendios afectaron hoxe a provincia de Ourense. Un deles, na parroquia de Castromil, no concello da Mezquita, xa está extinguido. Afectou 27 hectáreas.

Segue activo outro lume en Madarnás, no concello do Carballiño. Trátase dunha zona habitada e a columna de fume podía verse dende varios quilómetros de distancia. Tres axentes, catro brigadas, tres motobombas e un helicóptero traballan nos labores de extinción. Segundo informa a consellería do Medio Rural a superficie afectada é de máis de 50 hectáreas.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/02/2019