CRTVG

Buscar

Declara o representante de Representación Lito S.L no xuízo contra o coñecido como rei das orquestras

Publicado o 24/09/2020 15:26

Retómase o xuízo contra o coñecido como rei das orquestras tras determinar o tribunal que Lito está en condicións de ser xulgado despois dun informe realizado polo Instituto de Medicina Legal de Galicia.

O documento conclúe que o acusado ten a capacidade de comprensión intacta. Nesta vista, sentou tamén no banco dos acusados Javier Arca, como o representante legal da empresa acusada de varios delitos contra a Facenda Pública.

O representante de Representación Lito S.L contestou as preguntas dos avogados detallando o seu labor dentro da empresa e a maneira de proceder á hora de fixar os prezos nesas contratacións.

Varias testemuñas pasaron pola sección cuarta da Audiencia Nacional de Pontevedra, entre outros, un administrativo da propia empresa.

A fiscalía pide para Lito catorce anos de cadea e o pagamento dunha indemnización superior aos 21 millóns de euros. Tamén Javier Arca se enfronta a unha sanción económica, de case cinco millóns de euros, pola súa responsabilidade civil. O xuízo continuará o luns coa declaración de varios peritos.

Noticias web

24/09/2020