CRTVG

Buscar

Envían a prisión sen fianza o suposto autor da agresión machista de Ponteareas

Publicado o 17/01/2020 11:12

O agresor chegaba aos xulgados de Pontevedra tras pasar a noite no cuartel da Garda Civil. O titular do xulgado número 1, que entende dos casos de violencia de xénero, fíxose cargo da investigación. Tamén se achegou aos xulgados o fillo da parella, que saíu en defensa da nai e acabou sendo agredido polo pai. Pouco despois, tras prestar declaración, o xuíz enviou o detido a prisión, comunicada e sen fianza por varios delitos, intento de asasinato, intento de homicidio, lesións graves, violación de morada e quebrantamento. O agresor tiña prohibido achegarse á muller da que se acababa de divorciar.

Verónica Carrera, concelleira de Benestar Social e Igualdade: "Si que é certo que, en fin, que no centro de información á muller non nos constaba esta orde de afastamento porque era moi recente por unha sentenza de divorcio e colleunos a todos por sorpresa".

A vítima permanece ingesada no hospital, onde se recupera das numerosas feridas que lle causou, incluída unha fractura cranial e un gran corte na cabeza, causado, segundo parece, cun machete ou un coitelo grande. Tamen se investiga se utilizou unhas tesoiras porque ten moitas feridas pequenas e diversas mazaduras. A Garda Civil rexistrou o lugar da agresión á busca da arma utilizada.

Totais "Para nada entendo que poidan ser posibles eses comportamentos, non os entendo". "Hai que loitar contra esta eiva, non nos queda outra e como traballadora social do concello é unha responsablidade".

O Concello de Ponteareas ofreceu apoio psicolóxico á vitima e á súa familia e celebrou unha concentración para mostrar a súa repulsa por este novo caso de violencia machista.
 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2020